Únete a nós
En Expansión
O
Grupo DIGAMEL, con máis de 30 anos de experiencia, está a crecer coa apertura de novas delegacións e divisións como Iluminación, Enerxías Renovables, Media Tensión, Telecomunicación (ICT-Cableado estruturado) e Domótica.
Únete a nós:
Buscamos persoas dinámicas e responsables, con ganas de entrar a formar parte dunha empresa en continua expansión.
Ofrecémosche:
Formación continua - Posibilidades de promoción interna - Posto estable. Dúas tardes de venres libres ao mes - Goza da metade das pontes
No noso proceso de expansión buscamos constantemente os seguintes perfís:
DEPTO. COMERCIAL
- REF ING.Enxeñeiros Técnicos da rama de electricidade, automática ou electrónica. En dependencia do delegado responsabilizarase do estudo de proxectos, elaboración de orzamentos, e asesoramento técnico. Diferentes postos segundo valía.
- REF FP. Formación Profesional II ou ciclo superior da rama de electricidade, automática ou electrónica. Prestará apoio ao delegado e á rede comercial en elaboración de orzamentos, ofertas e seguimento de clientes.
- REF COMI. Técnicos de Iluminación: Formación desexable: Interiorista, decorador, FP II en electricidade ou electrónica, ou deseño industrial. En dependencia do responsable da División de Iluminación encargarase do deseño de proxectos personalizados. Valórase coñecementos en interiorismo, don de xentes, experiencia no sector.
- REF TER. Técnico Enerxías Renovables. En dependencia do responsable de división encargásese da atención ao cliente, elaboración de ofertas e seguimento de orzamentos. Valórase, don de xentes, formación específica, experiencia e coñecemento do sector.
- REF TEL. Enxeñeiro de Telecomunicación, en dependencia do responsable da división de telecomunicacións responsabilizarase do estudo de proxectos, elaboración de orzamentos, e asesoramento técnico. Diferentes postos segundo valía. Valóranse coñecementos en ICT, cableado estruturado e domótica.
ALMACÉN
- REF ALM. Operarios de almacén para cubrir diversos postos (almacenero, repoñedor...). Requírese FP II preferentemente en electricidade ou a rama de electrónica. Baixo a supervisión do xefe de almacén encargarase de dar entrada a mercadoría ao almacén, preparar pedidos, controlar o stock ou atender en mostrador.
- REF COND. Condutores de repartición. En dependencia do xefe de almacén, fornecerá a mercadoría a clientes e realizará repartición entre delegacións.
DPTO COMPRAS
- REF STK. Xestor de pedidos. Requírese FP II en electricidade ou electrónica. Encargarase de xestionar pedidos a provedores e os stocks dos nosos almacéns.
DPTO ADMINISTRACIÓN
- REF ADM. Administrativo/a para recepcionista, administrativo de delegación, xestor de pedidos, auxiliar ou secretario.
- REF CONT. Contable, en dependencia da dirección financeira traballará na sede de Pontevedra a xornada completa. Requírese experiencia en posto similar de polo menos dous anos, ser menor de 30 anos e ter o Ciclo Superior de Administración e Finanzas, ou similar.
Outros:
- REF LOG. Loxística. Coordinar proxectos de mellora loxística no grupo.
Se estás interesado en formar parte do noso proxecto empresarial envía os teus CV indicando de forma destacada a referencia, localidade e provincia de residencia a rrhh @digamel.com. Tamén podes enviarnos os teus CV dende o formulario. Se existe posibilidade de prácticas ou de mobilidade xeográfica destácao. Os datos facilitados serán incorporados a un Ficheiro do que é Responsable Digamel S.A coa finalidade de xestionar as necesidades de emprego da entidade e poderán ser comunicados ás empresas do Grupo coa mesma finalidade. Pode acceder, rectificar e cancelar os seus datos dirixíndose a rrhh @digamel.com ou por correo ordinario, achegando fotocopia do DNI a DIGAMEL S.A Rúa do Costado 5, 36162, Pontevedra. Os seus datos non serán conservados por un tempo superior a 12 meses.