<

Noticia

21 Agosto 2007

“Non descartamos iniciar una expansión en outras zonas xeográficas fora de Galicia”

Cunha ampla experiencia no campo da xestión, David Fernández dirixe Digamel, unha empresa con sede social en Pontevedra e preto de 150 empregados en sete puntos de venta con delegacións en Vigo, O Porriño, Vilagarcía, Santiago, Pontevedra e A Coruña. O Grupo Digamel distribúe material eléctrico de baixa e media tensión a toda Galicia. Ademais, como membro fundador de Fegime, a firma pontevedresa brinda cobertura a toda a xeografía española con máis de 100 puntos de venda.

- ¿Cómo foi a traxectoria da súa empresa?                        A empresa comezou a súa andaina hai 30 anos da man do meu pai, Manuel Fernández Rodríguez en Vilagarcía. Pouco a pouco a compañía foi crecendo, cambiando de sede e incorporando xente e planteouse a posibilidade de comezar a actividade na capital de provincia. Posteriormente abrimos a nosa sede en Vigo e fomos crecendo en tódolos aspectos: persoal, capacidade de servizo e número de clientes. Tamén compramos unha compañía en Santiago e máis tarde adquirimos a firma Electrocoruña, na cidade herculina, operación que permitiu consolidar a posición de Digamel no norte de Galicia e no panorama español de distribución de material eléctrico.

 -¿Para qué sectores traballa Digamel?                     Os nosos principias clientes son os instaladores eléctricos e organismos oficiais como concellos. En Digamel dispoñemos de seis naves dotadas das máis modernas instalacións e cunha loxística que acada a máxima precisión e rapidez na resolución dos pedidos. Dende a creación da empresa, temos realizado unha forte inversión apostando pola tecnoloxía con especial fincapé na dotación de equipos informáticos e un software de última xeración. Por outra banda, temos unha ampla gama de produtos con preto de 50.000 referencias das marcas punteiras do mercado.

 -¿Cómo prevedes pechar o ano no referente á facturación?
Este ano queremos pechar cun 20% de crecemento e 50 millóns de euros de facturación. Con incrementos en tódalas delegacións. O noso mercado traspasa fronteiras, porque os nosos clientes fan moitas obras fora de Galicia, temos máis dunha vintena de clientes facendo obras fora como El Corte Inglés de Pamplona no que o apartado eléctrico subministramos o material, as obras para o Inditex de Zaragoza ou outro cliente que fixo a instalación eléctrica do Arquivo Histórico de Marsella (Francia) e tamén instalacións para Conservas Calvo en El Salvador.

-¿O mercado no Norte de Portugal é un mercado preferente para vostede?                                                   O mercado do norte do país veciño o tocamos desde que estamos en Vigo. Seguro que acabaremos implantándonos nese territorio abrindo unha delegación propia. De tódolos xeitos, a inauguración hai unhas semanas do noso novo punto de venta no Porriño supón establecernos nun enclave loxístico que nos permitirá liderar a eurorrexión que conforman Galicia e o Norte de Portugal.

 - ¿Qué grao de importancia lle concede a súa empresa a loxística?                                                                      Xeograficamente hai zonas estratéxicas nas que non temos aínda presenza como Lugo e Ourense. No resto das nosas sedes cubrimos todo o eixo Atlántico. Non descartamos a posibilidade de saír fora da comunidade autónoma.

- ¿Un sector en permanente proceso de cambio cómo logrades seguir sendo competitivos?                              Os sectores cambian moi rápido e a desaceleración do sector da construción por isotraballamos moito en domótica, porque os promotores teñen que darlle as vivendas valor engadido. Tamén a rehabilitación, xa que hai moitas vivendas que teñen instalacións moi antigas e os nosos clientes ocúpanse da renovación desas redes (co noso material e asesoramento). Dende hai un ano apostamos polas enerxías renovables e somos unha das que máis ten facturado en venta de paneis fotovoltaicos. Este é un dos eixes da nosa empresa que nos permite ser unha das compañías españolas con maior especialización na venda deste tipo de paneis, traballando para toda a península. O que está claro é que temos que estar preparados para cambiar constantemente. Temos dende o principio moitos enxeñeiros técnicos, arredor de 30 no noso cadro de persoal, que fan o labor de asesoramento apoio e venda ao cliente, algo que nos diferenza do resto. 

-¿Cales son os seus retos de futuro?
Trala apertura do novo punto de venta no Polígono de A Granxa, en O Porriño, seguir crecendo. Estamos estudando outras zonas para seguir apostando por elas. Tamén queremos continuar apostando polo trato diferenciado aos nosos clientes. O trato persoal aquí é moi importante.

 

PERFIL: UNHA TRAXECTORIA LABORAL FORXADA NA EMPRESA FAMILIAR

David Fernández estudou Márqueting na Coruña, pasou por tódolos departamentos da empresa familiar na que traballa e recoñece que comezou facendo de todo. Posteriormente tomou as rendas da área financeira e, consciente da necesidade de facer un cambio xeracional, liderouoa proxecto para poñer en marcha un equipo humano profesional en tódolos ámbitos da compañía.