<

Noticia

22 Julio 2014

Axudas a Proxectos de Aforro e Eficiencia Enerxética

Concepto
Renovación dos equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo ou sistemas auxiliares, equipos e instalacións de produción de calor e frío, sistemas de contabilización/telexestión do consumo de enerxía, instalacións de iluminación interior ou calquera outra actuación que implique, coma mínimo, o aforro enerxético que se indica nas bases de axudas.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable deberá ser de 6.000 euros.

A todos os efectos das bases, considerase proxecto á relación de actuacións que unha empresa leve a cabo nun mesmo enderezo.


Presentación de solicitudes
Só se admite a presentación electrónica de solicitudes.
Os interesados deben dirixirse á aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica no artigo 8 das bases reguladoras.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509v3.
Prazo para a presentación da solicitude: Dende as 09:00 horas do 8 de xullo de 2014 ata as 23:59 horas do día 6 de agosto de 2014.


Beneficiarios
As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, incluídas no sector da industria (Sección C e D do CNAE-2009) e no sector servizos. Exceptúase a industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
No caso de tratarse dunha empresa de servizos enerxéticos que xestione total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía, deberá achegar unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda, así como a constancia por escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación de que se solicita a subvención.

Período de actuacións subvencionables
Considéranse actuacións subvencionables as realizadas entre o día que se teña efectuada a solicitude de axuda e o prazo de xustificación límite 30 de novembro de 2014.


Contía máxima da axuda
Será en xeral o 30% do investimento subvencionable. Con carácter xeral a axuda máxima non superará os 200.000 euros por proxecto.

Prazo de xustificación
O último día para presentar a documentación xustificativa do investimento será o día 30 de novembro de 2014.

Máis información :

http://inega.es/subvencions/subvencions/aforro/2014/ficha_aforro2014_0001.html