<

Noticia

22 Mayo 2013

Axudas a Proxectos de Aforro e Eficiencia Enerxética na industria e servizos- INEGA 2013

Inscrición de solicitudes: Só se admite a presentación electrónica de solicitudes.
Os interesados deben dirixirse á aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica no artigo 8 das bases reguladoras.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509v3.
Prazo para a presentación da solicitude: Dende as 00:01 horas do 22 de maio de 2013 ata as 23:59 horas do día 20 de xuño de 2013.

Beneficiarios: As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, incluídas no sector da industria (Sección C e D do CNAE-2009), coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, e no sector servizos.
No caso de tratarse dunha empresa de servizos enerxéticos que xestione total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía, deberá achegar unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda, así como a constancia por escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación de que se solicita a subvención.

Período de actuacións subvencionables: Considéranse actuacións subvencionables as realizadas entre o día que se teña efectuada a solicitude de axuda e o prazo de xustificación, podendo ter carácter bianual.
No caso de que o proxecto teña carácter bianual, deberá realizarse, coma mínimo, un 30% no ano 2013 e os pagamentos a conta dese ano, non poden superar o 80% da subvención concedida.

Contía máxima da axuda: Será en xeral o 20% do investimento subvencionable. Esta contía incrementarase en 20 puntos porcentuais para axudas a pequenas empresas e 10 puntos porcentuais para axudas a medianas empresas. En todo caso a axuda máxima non superará os 200.000 euros por proxecto.

Prazo de xustificación: As actuacións de proxectos anuais que se realicen no ano 2013, deberán xustificarse antes do día 30 de setembro de 2013.
As actuacións de proxectos bianuais que se realicen no ano 2013, deberán xustificarse antes do día 30 de novembro de 2013 e as actuacións que se realicen despois do 30 de novembro de 2013 e no ano 2014, deberán xustificarse antes do 30 de novembro de 2014.

FONTE: INEGA
Máis información aquí