<

Noticia

17 Abril 2013

Axudas a Proxectos de Enerxías Renovables 2013 - INEGA

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:
IN421A –     ENERXÍA SOLAR TÉRMICA.
IN421B –     ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA ILLADA E INSTALACIÓNS MIXTAS ILLADAS.
IN421C –     ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA NON ILLADA E INSTALACIÓNS MIXTAS NON ILLADAS.
IN421D –     CALDEIRAS DE BIOMASA.


PRAZO presentación de solicitudes:
Terán que realizarse dúas actuacións diferenciadas: unha primeira de reserva de fondos e unha segunda de presentación da solicitude no rexistro correspondente.
Inicio solicitudes:  22-04-2013.
Remate solicitudes:    07-10-2013.


IN421A – ENERXÍA SOLAR TÉRMICA:
Instalacións subvencionables:
Instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares planos ou tubos de baleiro, sempre que a súa utilización conduza a un aforro dun combustible convencional.
As instalacións solares destinadas ao apoio á calefacción no sector doméstico e terciario unicamente serán subvencionables se utilizan emisores de baixa temperatura de deseño (menores de 50º C), como chan radiante, radiadores de baixa temperatura ou fan coils.
û     Non serán subvencionables aquelas instalacións destinadas á xeración de auga quente sanitaria (AQS) ou climatización de piscinas que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 4-Contribución solar mínima de auga quente sanitaria do Código técnico da edificación (CTE).
Beneficiarios:
Particulares; empresas e profesionais autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos (ESE); fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica (comunidades de bens, sociedades civís etc...).
Investimento subvencionable:
O custo dos equipamentos e compoñentes que forman parte da instalación (captadores solares térmicos, acumuladores, intercambiadores de calor, bombas de circulación, tubos, válvulas e conexións, vasos de expansión, illamentos, sistema eléctrico e de control, equipamentos de medida e demais equipamentos secundarios), así como a montaxe e conexión do conxunto, obra civil asociada, deseño de enxeñaría da instalación, dirección de obra e posta en marcha.
Contía:
Paneis planos:                     ata 450€/kW.
Tubos de baleiro:                ata 300€/m2.
Axuda máxima/proxecto será de 60.000€.
 
IN421B – ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA ILLADA E INSTALACIÓNS MIXTAS ILLADAS:
Instalacións subvencionables:
Instalacións illadas da rede eléctrica que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica mediante paneis fotovoltaicos; igualmente, admitiranse as instalacións mixtas illadas de enerxía solar fotovoltaica con enerxía eólica e/ou enerxía minihidráulica.
Beneficiarios:
Particulares; empresas e profesionais autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos (ESE); fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica (comunidades de bens, sociedades civís etc...).
Investimento subvencionable:
O custo dos equipamentos e instalacións, módulos fotovoltaicos, aeroxeradores, turbinas, baterías, reguladores, convertedores, tendidos eléctricos e conexións, así como obra civil asociada, dirección e enxeñaría de proxecto, posta en marcha e documentación técnica.
Contía:
Enerxía solar fotovoltaica:     ata 1.500€/kWp.
Instalacións mixtas (axuda correspondente á parte da instalación con tecnoloxías diferentes da fotovoltaica):        ata 1.500€/kW.
Axuda máxima/proxecto será de 20.000€.
 
IN421C – ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA NON ILLADA E INSTALACIÓNS MIXTAS NON ILLADAS:
Instalacións subvencionables:
Instalacións que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica, mediante paneis fotovoltaicos, para a súa posterior inxección na rede eléctrica e/ou na rede interior dunha subministración existente; igualmente, admitiranse as instalacións mixtas non illadas de enerxía solar fotovoltaica con enerxía eólica e/ou enerxía minihidráulica.
Beneficiarios:
Particulares; empresas e profesionais autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos (ESE); fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica (comunidades de bens, sociedades civís etc...).
Investimento subvencionable:
O custo dos equipamentos e instalacións necesarias para o correcto funcionamento do sistema.
Contía:
Enerxía solar fotovoltaica:     ata 600€/kWp.
Instalacións mixtas (axuda correspondente á parte da instalación con tecnoloxías diferentes da fotovoltaica):        ata 1.000€/kW.
Axuda máxima/proxecto será de 20.000€.
 
IN421D – CALDEIRAS DE BIOMASA:
Instalacións subvencionables:
Instalacións para o quentamento dun fluído mediante caldeiras homologadas, que utilicen biomasa como combustible. Non serán subvencionables proxectos que consistan unicamente en substitucións de queimadores en caldeiras xa existentes, nin xeradores de aire quente, estufas de aire ou cociñas calefactoras.
Beneficiarios:
Particulares; empresas e profesionais autónomos, incluídas as empresas de servizos enerxéticos (ESE); fundacións de carácter privado, asociacións, comunidades de propietarios e outras entidades sen ánimo de lucro; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade xurídica (comunidades de bens, sociedades civís etc...).
Investimento subvencionable:
O custo da caldeira e os seus accesorios, o custo do sistema de almacenamento de combustible e o custo do sistema de alimentación de combustible, así como a súa montaxe e conexionado.
Contía:
Rango de potencia: P<=40kW:       ata 50€/kW.
Rango de potencia: P>40kW:          ata 40€/kW.
Esta axuda por potencia instalada poderá ser ampliada en caso de que o sistema incorpore melloras técnicas adicionais, de acordo coas contías da seguinte táboa:
Caldeira con sistema de alimentación de forma automática desde o sistema de almacenamento, e que este sistema teña unha capacidade igual ou maior a 250 litros e inferior a 1000 litros:
Rango de potencia: P<=40kW: + 10€/kW.
Rango de potencia: P>40kW:   + 10€/kW.
Caldeira con sistema de alimentación de forma automática desde o sistema de almacenamento, e que este sistema teña unha capacidade igual ou maior a 1000 litros:
Rango de potencia: P<=40kW: + 30€/kW.
Rango de potencia: P>40kW:   + 20€/kW.
Caldeira con sistema de limpeza automática de intercambiador:
Rango de potencia: P<=40kW: + 20€/kW.
Rango de potencia: P>40kW:   + 20€/kW.
Axuda máxima/proxecto será a seguinte:
Rango de potencia: P<=40kW:       ata 3.000€.
Rango de potencia: P>40kW:          ata 30.000€.


+ INFO:
Tel.’s:     981 – 541 531  //  981 – 541 530  //  981 – 541 524
Fax:        981 – 541 515
e-mail:     inega.info@xunta.es
Web:       Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Fonte: Asociación de Empresarios do Deza