<

Noticia

29 Enero 2014

Axudas a Proxectos de Renovación das instalacións de iluminación pública exterior (INEGA) 2014

Obxecto
Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE), baseadas en tecnoloxías obsoletas, por outras actuais e máis eficientes, aplicando criterios de aforro e eficiencia enerxética que segundo se establece no Real decreto 1890/2008, do 14 de novembro, acaden unha cualificación enerxética A ou B. Non se subvencionarán proxectos que teñan unha cualificación enerxética igual ou inferior a C.

Beneficiarios (máis información no artigo 4 das bases reguladoras)
- Concellos de Galicia que efectúen a súa solicitude individualmente.
- Os concellos de Galicia que formulen a súa petición de maneira conxunta constituídos en agrupación ou asociación.
- As mancomunidades e consorcios locais de Galicia.
Todas as instalacións deberán contar cunha auditoría enerxética segundo a memoria técnica a que se refire o artigo 6.B.2 dispoñible na web do Inega

Gastos que se subvencionan
Os posibles gastos incluídos no investimento elixible son aqueles conceptos de gasto que poden ser obxecto de subvención, entendendo por tales os seguintes:
As lámpadas, reactancias, reloxos astronómicos, luminarias, apoios, cadros de mando, protección e medida, sistemas de aforro (reactancias regulables ou redutores en cabeceira de liña), retirada de equipamentos existentes e a reforma da liña ata un máximo do 25 % da actual rede de iluminación.
Non se incluirán dentro desta liña a ampliación de puntos de luz, obra civil, canalización, acometidas, proxectos de enxeñaría nin gastos de legalización.
As instalacións subvencionables son as de iluminación viaria (funcional e ambiental), pero NON iluminación para a vixilancia e seguridade nocturna, señais e anuncios luminosos ou iluminación festiva e navideña.

Inscrición de solicitudes
Os formularios da solicitude só poderán ser cubertos e confirmados acudindo á aplicación informática.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 27 de febreiro de 2014 as 23:59h.
Unha vez cubertos e confirmados os formularios, as solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ou en formato papel no Rexistro Único do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, Santiago de Compostela ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).

Máis información
DOG núm. 18 - Martes, 28 de xaneiro de 2014
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Tel. 981 54 15 20 / 981 54 15 37
Fax. 981 54 15 15
info@inega.es
http://inega.es/subvencions/subvencions/aforro/2013/ficha_aforro2014_0001.html