Concepto subvencionables- Auditorías enerxéticas integrais.
- Mobilidade con combustibles alternativos. Adquisición de novos vehículos ou transformación dos existentes.
- Implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme á Norma ISO 50.001.
- Proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industria e servizos.
Investimentos en substitución ou mellora de equipos e instalacións consumidoras de enerxía do proceso produtivo ou sistemas auxiliares; mellora de instalacións de iluminación en centros produtivos do sector industrial; implantación de sistemas de contabilización/telexestión de consumo de enerxía asociados a outras actuacións de aforro enerxético; proxectos de instalacións fotovoltaicas, solares térmicas e bombas de calor que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética das empresa; ou calquera outra actuación que implique, como mínimo, o aforro enerxético que se indica nas bases das axudas.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable deberá ser de 10.000 euros, que se reduce a 6.000 no caso das auditorías enerxéticas.
Cada solicitude conterá unha única actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar todas as solicitudes que desexe.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, incluídas no sector da industria (Sección C e D do CNAE-2009) e no sector servizos (Seccións G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE-2009). Exceptúase a industria extractiva enerxética, as de refino de petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
Tamén poderán ser beneficiarias as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía situadas en Galicia. Estas deberán presentar unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o que se solicita a axuda, así como a constancia por escrito da autorización e coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación da que se solicita a subvención.
Período de actuacións subvencionables
Considéranse actuacións subvencionables as realizadas entre o día que se presente a solicitude de axuda e o 15 de outubro de 2016.
Contía máxima da axuda
A contía da subvención será do 30% do investimento subvencionable, cun máximo de 200.000 € por proxecto. No caso de axudas concedidas a pequenas e medianas empresas a intensidade de axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais, ata o 40 % do custo elixible.
No caso de axudas para a elaboración de auditorías enerxéticas a intensidade de axuda será do 50 % do custo elixible.
Presentación de solicitudes
Só se admite a presentación electrónica de solicitudes.
Os interesados deben dirixirse á aplicación informática habilitada para cubrir os formularios e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica no artigo 8 das bases reguladoras.
Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509v3.
Prazo para a presentación da solicitude
Desde as 09:00 horas do 15 de xaneiro de 2016 ata as 23:59 horas do día 29 de febreiro de 2016.
Documentación complementaria solicitude
Segundo o artigo 12.2 das bases reguladoras da convocatoria, calquera notificación realizarase a través de medios electrónicos e en concreto os requirimentos electrónicos faranse da seguinte maneira:
- Enviarase un correo electrónico á dirección indicada na solicitude informando da posta a disposición da notificación de emenda electrónica.
- Poderá acceder á citada notificación no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.
- O interesado presentará a documentación que se lle requira a través da aplicación co seu usuario e contrasinal e con certificado dixital.
Máis Información
DOG do 29 de decembro de 2015
INEGA 981 541 538