<

Noticia

01 Febrero 2012

Plan Renove de Iluminación Interior 2011

Bases Reguladoras e Convocatoria de axudas do "Plan Renove de Iluminación Interior" convocadas polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 27 de decembro de 2011.
ENTIDADES COLABORADORAS:
        ADHESIÓN: O prazo de presentación de solicitudes de adhesión, tanto para a Adhesión Simplificada como para a Adhesión Ordinaria, será de 10 días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación
        desta resolución no DOG (do 28-12-2011 ata o 09-01-2012, ambos incluídos).
 
        PUBLICACIÓN LISTAXE das Entidades Colaboradoras: o 27-01-2012.
 
        RESERVA DE FONDOS: o prazo para realizar a reserva de fondos será do 01-02-2012 ó 30-07-2012 ou ata que se esgote o crédito.
CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS (pinche sobre os seguintes enlaces):
          DOG 27-12-2011.
 
 Actuacións subvencionables (máis información art. 3º das bases)
 - A substitución de lámpadas e luminarias convencionais por outras de maior eficiencia.
 - A substitución de balastos convencionais por electrónicos.
 - A instalación de sistemas de regulación e control a través de fotocélula e de detectores de presenza.
 As actuacións teñen que levar asociado unha redución anual, de ao menos un 30% do consumo de enerxía convencional en iluminación interior,   garantizando un confort lumínico adecuado a tarefa a realizar.


          Páxina do INEGA.
Para máis información:
 http://www.inega.es/subvencions/plans_renove/renove_0009.html 
         Tel.:     981 - 54 15 00
         mail:    renoveiluminacioninterior@inega.es