<

Noticia

13 Febrero 2012

Porriño destaca el compromiso de ::Ledisson en la creación de empleo

Concello e empresas colaboran na inserción de porriñeses desempregados
Técnicos de Porremprego e o propio alcalde visitan a diario diversas empresas da contorna en busca de traballo para as persoas paradas do municipio. Analizan a súa demanda en materia de recursos humanos e buscan o perfil máis adecuado dentro da Bolsa municipal para cubrir o posto, ademais de pór en marcha acciones formativas centradas nesas especialidades demandadas.
Nelson Santos desprazouse ata Cans para visitar a empresa Ledisson que contratou a nove persoas por mor dos contactos con Porremprego

Son múltiples as accións levadas a cabo desde o Concello do Porriño para conseguir que todos os seus veciños desempregados consigan un posto de traballo. Labores que non só as realizan os técnicos desde a oficina de Porremprego, senón que se desprazan in situ ás empresas do municipio para coñecer a demanda destas en materia de recursos humanos e intentar cubrila con usuarios da Bolsa de Municipal buscando o mellor perfil que se adapte á oferta.
"A través dos aproximadamente 300 contactos directos que se realizan ao mes con empresas de diversos sectores, coñecemos tamén cales son os postos máis demandados e con futuro de maneira que pomos en marcha acciones formativas centradas nesas especialidades para así cualificar adecuadamente aos usuarios da Bolsa e posuidores da Tarxeta Porremprego e que poidan afrontar con maior éxito e competitividade a inserción laboral", explica M. Alejandro Lorenzo, concelleiro de Emprego e Formación.

Os contactos con Ledisson supuxeron 9 postos de traballo
No último ano 2011 foron 181 as persoas desempregadas inseridas no mundo laboral a través de Porremprego, ás que se suman 32 correspondentes ao mes de xaneiro de 2012.
A empresa Ledisson, situada na parroquia de Cans, é un bo exemplo de entidade colaboradora con Porremprego. Tras a súa inclusión na Bolsa de empresas, á que pertencen actualmente 1.362, contratou xa a sete porriñeses desempregados, ademais da outras dúas persoas resultantes do I Foro de Emprego celebrado o pasado novembro no Multicentro de Torneiros.
O alcalde Nelson Santos realizou unha visita a esta empresa, como o está facendo diariamente a outras moitas, "en busca de colaboración e cooperación en materia de emprego, abrindo portas tamén a posibles relacións comerciais de interese para a Administración local, tendo en conta que se trata dunha empresa que desenvolve tecnoloxía led de alto rendemento", apunta Santos. Nesta ocasión, o rexedor local xa puido contemplar os labores desempeñados polos que ata fai uns meses eran desempregados porriñeses e que agora ocupan un posto de traballo grazas ao servizo de Porremprego, "cada vez máis coñecido e con aceptación entre as empresas da zona". O alcalde saudoulles e desexoulles moita sorte nesta nova etapa, á vez que felicitou e agradeceu a colaboración prestada aos responsables de Ledisson.
Fuente y Fotografía:
Concello de O Porriño www.concelloporrino.net
::Ledisson