<

Noticia

20 Mayo 2014

Subvencións para o ano 2014 a proxectos de biomasa en áreas rurais

Obxecto
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaránse a instalacións para o quentamento dun fluido mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible.

Conceptos subvencionables
Serán subvencionables:
1. O custo do equipamento térmico e os seus accesorios.
2. O custo do sistema de almacenamento de combustible.
3. O custo do sistema de alimentación de combustible.
4. O custo de montaxe e conexionado.
En todos os casos, ata o valor de mercado.

Requisitos e regras xerais
Todos os proxectos deberán cumprir os requisitos seguintes:
1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.
2. Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluidas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Esta información pode ser consultada nos Concellos ou na propia web:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es
3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprovados. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.
4. Que sexan viables técnicamente.
5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.
6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases
7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar por cometer infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.

Inscrición de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 16 de maio, e permanecerá aberto ata o día 16 de xuño de 2014 (a reserva de fondos previa poderase facer a través da aplicación informática desde as 9:00 h do 16 de maio ata as 14:00 h do 16 de xuño).
Os formularios da solicitude só poderán ser cubertos e confirmados acudindo á aplicación informática dispoñible neste enlace:
Acceso á aplicación

Unha vez cubertos e confirmados os formularios, as solicitudes poderán presentarse en formato electrónico, ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia ou en formato papel no Rexistro Único de AGADER, sito no Lugar de A Barcia, 56 Laraño, 15897 en Santiago de Compostela ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4 º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992).

Beneficiarios
a) As Entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) A administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.
c) As persoas físicas ou xurídicas de dereito privado, as súas agrupacións e asociacións.

Concesión de axudas
A concesión da axuda farase por rigorosa orde de reserva de fondos a través da correspondente aplicación informática, e quedará confirmada coa presentación da solicitude.

Os expedientes correspondentes a solicitudes que reúnan todos os requirimentos destas bases, para os que non existan fondos suficientes para poder acceder á axuda no momento de realizar a reserva de fondos, permanecerán na listaxe de espera que polo seu beneficiario lles corresponda, ordenada por rigorosa orde segundo o momento no que se efectúe dita reserva de fondos na aplicación informática. Estes expedientes poderán obter axudas no caso de que se produzan liberacións de axudas reservadas a outros expedientes.
Período de actuacións subvencionables
Co fin de incentivar o uso das caldeiras de biomasa, o período de execución dos investimentos comeza unha vez que se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade, e rematará en función dos prazos seguintes, contados desde o día seguinte á notificación da resolución de concesión:

-    Equipamentos térmicos de biomasa nas administracións públicas 5 meses (3+2).
-    Resto das instalacións non incluídas na tipoloxía anterior. 2 meses.

Os xustificantes de gasto e de pago terán que estar comprendidos dentro do período de execución dos investimentos, é dicir, a partir do día da solicitude de axuda e ata aquel en que remate o prazo que lle corresponde á instalación, e sempre co límite do día 31 de outubro de 2014.

Contía máxima da axuda
A contía máxima de axuda será calculada en función da potencia instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto:

- A contía máxima por proxecto será de 200.000 €, agás para as empresas do sector agrícola que será de 15.000 €, e para as empresas de transporte de mercadoría por estrada por conta allea, que será de 100.000 €.

Máis información

DOG núm. 92 - Xoves 15 de maio 2014

- Na páxina web de Agader http://agader.xunta.es
- Na páxina web do Inega www.inega.es
- Nos teléfonos 981 54 15 00 (Inega) e 981 54 73 82 (Agader)
- Presencialmente no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5. San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 15 00